El Español organiza un foro económico na Coruña
venres, 6 de maio do 2022
Os vindeiros dÃas 9 e 10 de maio PALEXCO acollerá o Foro Económico Español
La Galicia que viene, un encontro no que a través de relatorios e mesas
redondas abordaranse diferentes oportunidades para a economÃa galega do futuro
como os fondos Next Generation, as enerxÃas renovables, a economÃa circular, a
responsabilidade social corporativa, o turismo e a tecnoloxÃa.
É precisamente o segundo dÃa do foro no que a tecnoloxÃa xoga un rol máis
importante, xa que na sesión de tarde teremos mesas redondas sobre
transformación dixital (coa participación de figuras como Pablo RodrÃguez, director
xeral de Hack a Boss), innovación dixital, intelixencia artificial e biotecnoloxÃa
(coa participación de, por exemplo, Susana Ladra, directora do Campus Innova da
UDC) e startups galegas (coa presenza do director xeral do IGAPE, presidente
de Startup Galicia, un cofundador de Alén Space, o director xeral de Mentiness
e as directoras xerais de Forensic e BFlow). Tamén haberá unha conversa entre
Inmaculada RodrÃguez, directora xeral de Unirisco, e Daniel Cerqueiro,
presidente de Startup Galicia.
Para poder acudir ao evento está dispoñible un formulario
de inscrición en liña, a través do que é posible remitir cuestións aos
relatores, aÃnda que os interesados tamén poderán seguir o ciclo en directo a
través da páxina principal dos diarios El Español, Invertia, Quincemil
e Treintayseis,
organizadores desta cita.