El Ministerio del Tiempo presentará a súa nova experiencia de realidade virtual en Mundos Digitales
mércores, 14 de xuño do 2017
O congreso internacional de animación efectos especiais de
vÃdeo, realidade virtual, videoxogos e arquitectura dixital Mundos Digitales,
que celebrarase na Coruña entre os dÃas 6 e 8 de xullo, contará con
interesantes contidos para os seareiros da serie de RTVE El Ministerio del Tiempo, xa que un dos seus relatorios correrá a
cargo dos responsables de Future Lighthouse, o estudio español que presentará
en primicia a segunda experiencia en realidade virtual inmersiva para esta
ficción televisiva.
Javier Lajara (Future Lighthouse) amosará os eixes do novo proxecto de
realidade virtual que percorrerá varios dos lugares máis recoñecibles do
Ministerio, permitindo que o usuario camiñe e interactúe con obxectos e
personaxes da seria. Lajara dará conta do proxecto de captura e a adaptación
dos contornos reais da serie para o seu uso nun motor 3D en tempo real (Unity).
El Ministerio del Tiempo non é a
única ficción española que terá presenza en Mundos Digitales, xa que tamén
contarán coa presenza de Ignacio Lacosta, de Entropy Studio, empresa
responsable dos efectos de series como Velvet
ou Las Chicas del Cable; Lacosta
compartirá panel con Félix Bergés de El Ranchito (responsable dos efectos
visuais de Lo Imposible e Un monstruo viene a verme) e Xavi Tribó
de Glassworks.
No marco de Mundos Digitales tamén presentarase a versión renovada da Familia
TelerÃn, agora en 3D da man do creador de Pocoyó, e o novo filme Tadeo Jones 2: El Secreto del Rey Midas (que
chegará aos cines o 25 de agosto) servirá de imaxe do congreso que dende a
cidade da Coruña abre unha fiestra a todo un sector empresarial que está a
vivir un dos seus mellores momentos a nivel técnico e creativo.

- Imaxe equirrectangular da experiencia de realidade virtual de El Ministerio del Tiempo
