En marcha as II Xornadas de Programación Web con Software Libre
martes, 24 de xuño do 2008
Xa están en marcha as II Xornadas de Programación Web con Software Libre das que falabamos nesta web a semana pasada e que organiza o colectivo Ousli ata o venres 27 de xuño. O encontro, encamiñado a botar luz sobre un eido que aÃnda non amosou todas as súas posibilidades na construción da Sociedade do Coñecemento, o software libre (en boa media porque durante anos a atención mediática estaba máis pendente do software privativo), estase a celebrar no Edificio Politécnico do Campus de Ourense. Máis polo miúdo, a xuntanza dirÃxese nesta segunda edición cara a amosar todo o potencial do open source para a forma e o fondo mesmo da Internet e cara a achegar un espazo de encontro que sexa tamén un obradoiro en liña no que participen estudantes, mestres, programadores e profesionais en xeral das TIC.
As xornadas, que contan con apoio de Mancomún, da VicerreitorÃa do Campus e da Escola Superior de EnxeñerÃa Informática (da que xurdiron precisamente os membros de Ousli), contaron na xornada de apertura (a de onte) coa presenza de Juan Francisco Gálvez, vicerreitor do campus, Enrique Barreiro, director da Escola Superior de EnxeñarÃa Informática, Antonio Pérez, asesor da ConsellerÃa de Innovación en materia da Sociedade da Información e Xavier Castaño, socio de Igalia.
Todos eles fixeron fincapé na importante aposta que constitúe o software libre para a Universidade galega, as administracións (cidades dixitais) e o mesmo tecido empresarial. Sobre este último punto, os participantes foron unánimes ao afirmar que a programación de código aberto ten unha feitura e un fondo especialmente axeitado para Galiza. Segundo explicou Enrique Barreiro, a estrutura empresarial do paÃs, distribuÃda en pequenas e medianas empresas (pemes), e que a primeira vista pode ser un punto feble, é para o software libre unha moi boa oportunidade, porque esas firmas só poderán sobrevivir mellorando a súa competitividade reducindo investimentos en licenzas de programas pechados, por exemplo instalando software libre para a súa xestión.
