En outubro celebrarase o II Congreso Internacional da Publicación Electrónica

luns, 28 de abril do 2008 Marcus Fernández

En maio de 1998 celebrouse en Barcelona o Congreso Internacional da Publicación Electrónica e agora pretende reeditarse entre os días 17 e 19 de outubro co obxectivo de «analizar cómo é e cómo será a comunicación dixital e a publicación electrónica de acordo coa evolución da Internet».
Despois dunha década supón toda unha experiencia contrastar as situacións da publicación electrónica, que comezará na web nun debate que terá lugar entre o 15 de maio e o mes de setembro.
Para coñecer máis detalles podemos ver a presentación dos obxectivos, os contidos e o funcionamento do II Congreso Internacional da Publicación Electrónica, da man da súa directora, Silvia Llombart: