Escolares de Baiona prepáranse para unha competición de robótica

venres, 24 de abril do 2009 Marcus Fernández

Pista que deberán seguir os robots en competición

O IES Primeiro de Marzo de Baiona celebrará os vindeiros días 27 e 28 unhas xornadas intensivas de robótica, ás que tamén asistirá alumnado do IES Ana María Matute (Velilla de San Antonio, Madrid), que servirán de preparación para a competición Robocampeones 2009 que terá lugar o 22 de maio en Madrid.

Regulamento da competición

A competición, na que participarán os alumnos de tecnoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do centro de estudos baionés consiste na construción e programación dun robot capaz de desprazarse nun recinto que simula unha situación de desastre, localizando vítimas tendidas no chan. Na primeira parte do percorrido a traxectoria que deberán seguir os robots guiarase por unha liña na que se atopan as vítimas, pero o robot deberán sortear os escombros no camiño (representados por latas). Na segunda parte, en vez de ter que seguir un percorrido, deberá o robot deberá atopar vítimas nunha habitación delimitada e procurar saír da mesma.