Esta semana celebrarase Mundos Digitales na Coruña
martes, 4 de xullo do 2023
Tras máis de dúas
décadas de actividade o Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e
Novos Media Mundos
Digitales volve á cidade da Coruña, abrindo as súas portas o vindeiro xoves
dando pé a un programa de actividades cheo de interesantes propostas nas que
destacan os efectos visuais, o traballo en rede e a intelixencia artificial.
AÃnda que estamos ante unha cita orientada a profesionais, moitos dos seus
contidos tamén teñen un grande atractivo para os afeccionados, xa que están
presente responsables de producións audiovisuais como Avatar, Pinocho
(de Guillermo del Toro), The Sea Beast, Super Mario Bros. e Arcane,
na liña de anteriores ediicóns de Mundos Digitales, aÃnda que desta volta
destacan un par de temáticas moi acaÃdas pola súa actualidade, como son os
contidos relativos á intelixencia artificial e, moi especialmente, ás rodaxes
virtuais, xa que en breve a Cidade das TIC vai contar cun plató virtual avanzado,
polo que afondar nesta tecnoloxÃa é moi oportuno.
Mundos Digitales tamén contará coa súa grande Feira
de Emprego, na que compañÃas de toda Europa (e incluso unha de Australia) acoden
na procura de profesionais que encaixen nos numerosos perfÃs que demanda o
sector.
Este evento desenvólvese principalmente no PALEXCO, pero de cara ao público xeral
tamén haberá sesións na sede de Afundación, como será unha conferencia sobre o youtubeiro
divulgador sobre IA Carlos Santana (Dot CSV) e un relatorio de Alba
Meijide, comisaria da exposición AI: More the Human.
Da man da Deputación da Coruña tamén se celebrará un obradoiro e un
concurso de deseño de personaxes para animación e videoxogos que desenvolverá
Marcos Raya, artista multidisciplinar que ten traballado para PlayStation,
Xbox, Nintendo, Nickelodeon ou Disney.
