Este Nadal, os lectores de libros electrónicos serán o regalo estrela en Galicia
mércores, 1 de decembro do 2010
Xa
hai semanas que o Nadal chegou aos escaparates das principais tendas do país,
porén atrévome a afirman sen risco a equivocarme que foron moi poucas as persoas
que, adiantándose ás circunstancias (que veñen inevitablemente ligadas a estas
datas), xa fixeron as súas primeiras
compras coas que agasallar aos seus seres queridos e amigos.
De
ser así, lonxe das clásicas gravatas, perfumes, bufandas ou pantuflas de andar
pola casa, os regalos tecnolóxicos veñen sendo, dende hai xa uns anos, unha boa
alternativa para sorprender aos nosos seres queridos.
Neste
senso, Ocio Networks, unha rede de blogs con máis de 7 millóns de usuarios únicos
mensuais, vén de elaborar un Estudo de Hábitos
de Internet, no que analiza o coñecemento e a intención de compra dos últimos
gadgets e dispositivos electrónicos do
mercado por parte da cidadanía, entre os que se atopan o Kindle de Amazon, o
iPad de Apple, o móbiles con Android e a plataforma Orbyt, entre outros.

- Intención de compra nos vindeiros 6 meses (a nivel estatal)
O
estudo afirma que un 32 por cento dos internautas enquisados en Galicia “ten unha alta intención de mercar un libro
electrónico nos vindeiros 6 meses”, algo que confirma que este ano, malia
que xa se leva tempo dicindo, “vai a ser
o definitivo para que os lectores de e-books disparen as súas vendas”.
A
nivel nacional, o Kindle de Amazon é o gadget
favorito dos internautas españois (46 por cento), seguido do iPhone 4 (36 por
cento), o iPad (15,2 por cento) e o móbill con Android (11,9 por cento).
Aquí
en Galicia sumámonos á intención de compra estatal e o 39 por cento dos
enquisados tamén se decantan por comprar o Kindle de Amazon, mentres que o 41
por cento revela o seu gusto polo iPhone 4.
Malia
que os analistas apuntaban o 2015 como a data definitiva para o lanzamento
masivo de lectores de libros electrónicos, semella que as modas adiantáronse ás
previsións e este ano vai ser clave para a popularización de e-books e tablets,
grazas, en parte, “ao éxito do iPad de
Apple logo do seu lanzamento”.
