Este martes celébrase o DÃa Mundial da Usabilidade
luns, 13 de novembro do 2006
A usabilidade é un concepto que define a facilidade e optimización do uso de interfaces de usuario (tanto fÃsicas como lóxicas) que en moitos casos resulta sumamente descoidada por enxeñeiros, programadores e deseñadores, polo que a UPA (The Usability Professionals’ Association) organiza un evento global para concienciar sobre o problema e que se concreta coa celebración do DÃa Mundial da Usabilidade, que será o vindeiro 14 de novembro.
Este ano será a segunda edición da celebración que o ano pasado pechou con 115 eventos organizados en 35 paÃses, contando con máis de 10.000 asistentes fisicamente e milleiros de participantes a través da Internet.
Para a presente edición procurarán mellorar a difusión dos distintos eventos, para facelos máis accesibles, para o que están a coordinar a moitos voluntarios e organizadores por todo o mundo.
En España hai eventos organizados en Madrid, Barcelona e Zaragoza, mentres que ós galegos nos queda máis próximo un evento organizado en Vila Real (Portugal) e que tamén se poderá seguir mediante webcast.
Agardemos que esta celebración axude a potenciar o coidado pola usabilidade tanto dentro como fóra da Rede.
