Este mércores celebrarase o segundo Galicia Podcast Summit

martes, 28 de maio do 2024 Marcus Fernández

Este mércores ás 16:30 o centro de empresas Accede Papagaio da Coruña será o escenario para celebrar a segunda edición do Galicia Podcast Summit, encontro que desta volta leva por título Como e por que gravamos podcasts?.
Este encontro comezará cunha intervención en remoto da comunicadora social e podcasteira Marcela Díaz, quen explicará Como se gravan podcasts en América Latina?, ao que seguirá unha charla debate sobre o tema central do encontro, contando coa participación da educadora canina Patricia Guerrero, a xestora de podcasts Cristina Fuertes e o profesional do marketing en liña Rubén Bastón.
O Galicia Podcast Summit pretende xuntar podcasteiros, oíntes, produtores, xornalistas e outros actores involucrados na industria do podcasting nun espazo no que os asistentes poidan compartir experiencias, aprender novas técnicas e establecer conexións dentro da comunidade do podcasting en Galicia.

Imaxe da primeira edición do Galicia Podcast Summit