Este mes sairá a versión española do DVD Author 3 with DivX Authoring

mércores, 1 de agosto do 2007 Marcus Fernández

TMPGEnc lanzará en agosto a versión española do seu popular programa DVD Author 3 with DivX Authoring, que é unha solución completa (todo-en-un) para os entusiastas do vídeo, válida para usuarios novatos e experimentados.
Kimi Matski, presidente da compañía que desenvolve o programa, anunciou que entre as melloras da nova versión estaría a captura de HDV, a autoría de DivX, múltiples fluxos de subtítulos (extraídos dun DVD ou dun ficheiro .srt) e a capacidade de importar os formatos máis populares de vídeo para crear discos DVD ou DivX.
A aplicación permitía cortar e editar vídeos para a súa incorporación dun DVD con menús personalizados, pero agora estas mesmas funcionalidades tamén se poden aplicar ó formato DivX grazas á evolución deste formato, o que fai que a experiencia de visualización de vídeos neste formato sexa moi superior tanto en reprodutor DVD certificados por DivX como en ordenadores persoais.
Co DVD Author 3 é moi sinxela a creación de discos dende cámaras DV e HDV (pois chega con conectala ó PC mediante Firewire, xa que o programa se encarga da transformación do vídeo capturado). Tamén permite importar ficheiros de vídeo sacados de DVD, así coma outros tipos de ficheiros MPEG-1 e MPEG-2, AVI, Windos Media, DivX e Quicktime. Con todas estas prestacións resulta moi doado crear discos DVD cos novos vídeos favoritos.