Este venres celébrase o II Evento TIC Ferrolterra

mércores, 10 de decembro do 2008 Raquel Noya

A Asociación de Empresas de Tecnoloxías da Información e Comunicación de Ferrolterra (TIC Ferrolterra) vai organizar, o vindeiro venres día 12 de decembro, o II Evento TIC Ferrolterra, que contará coa participación de distintos representantes de destacadas empresas do sector tecnolóxico.
A Xornada terá lugar na Fundación Caixa Galicia de Ferrol e estenderase dende as nove da mañá ata as seis e media da tarde, a fin de mostrarlle aos asistentes as principais achegas das TIC aos traballos e tarefas cotiás de todo tipo de traballadores.
A intención dos organizadores é darlle ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación a “importancia e o protagonismo que debe dárselles, tanto dende unha perspectiva empresarial, como dende un punto de vista persoal”.