Este venres comeza a Ludus Party .Net
xoves, 4 de decembro do 2008

- Imaxe publicada en VidaExtra para representar a superación dos 600 postos no encontro informático lugués
Mañá arrinca en
Lugo o seu encontro informático Ludus Party .Net 2008,
espallándose este evento na súa terceira edición ata o 8 de decembro. 650
persoas poderán ocupar a Feira de mostras e exposicións de Lugo, contarán cunha
saÃda á rede de 400 Mbps e unha rede local de 10 Gbps, mellorando a
infraestrutura de pasadas entregas.
O encontro servirá para as tÃpicas confraternizacións, o intercambio de
experiencias, a participación en obradoiros, conferencias e competicións,
abarcando temas coma o arte dixital, o hardware, o software libre, a dobraxe de
pelÃculas, Livemotion e Air Guitar,
entre outros.
Tamén terán lugar presentacións de produtos, xogarase a tÃtulos coma Counter
Strike, Mario Kart Wii, PES 2009, Quake III Arena, Warcraft III e Trackmania, e
mesmo se
agarda un concerto do DJ lugués Dr. Think.
