FACUA arremete contra a nova suba de prezos de Movistar Fusión
martes, 19 de xaneiro do 2016
A suba de 5 euros no prezo de Movistar Fusión do ano pasado,
rexeitada
pola Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, que FACUA leva aos tribunais a
través dunha demanda
colectiva, non vai quedar aí, senón que a entidade de defensa dos consumidores
vai ampliar a demanda
para incluír tamén a suba de 3 euros/mes que se aplicará o mes que vén.
Estamos a falar dunha suba de prezos que en pouco máis dun ano sumaría 8
euros/mes cando na publicidade e información comercial de Movistar Fusión
falábase de prezos “para sempre”, o que é unha promesa con valor contractual
que a compañía debería respectar e non chegaría con permitir a cancelación do
contrato unilateralmente sen penalización.
FACUA considera que a conduta de Movistar é desleal e quere paralizar a nova
suba de prezos, á vez que pretende obrigar a Movistar a devolver os cartos
cobrados de máis aos máis de 4.000 usuarios que se sumaron á demanda colectiva.
