Facebook continuará a modificar a súa páxina de inicio atendendo ás críticas recibidas

mércores, 25 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Ante o descontento xeneralizado polo redeseño de Facebook, o director de produto da compañía, Christopher Cox, publicou no blog oficial da empresa que están a escoitar as críticas recibidas e que actuarán en consecuencia, o que indicaría que as reticencias amosadas por Mark Zuckerberg a seguir o pasos que marque o público non sería asumibles pola empresa, que ten nos usuarios o seu principal activo.
Cox non anunciou un paso atrás no cambio, senón que durante as vindeiras semanas continuarán a modificar a súa web para axustarse o máximo posible ás necesidades dos usuarios, mellorando o control sobre o fluxo con detalles como permitir a actualización automática da páxina de inicio de Facebook, dotar de relevancia á creación de etiquetas en fotografías dos amigos e engadir máis opcións ás aplicacións.
Tamén dotarán de máis vida á columna da dereita de Facebook e anuncian que será máis doado atopar os elementos que busquemos. Agardemos que os vindeiros pasos estean máis atinados que os últimos cambios, e mitiguen a sensación de imposición coa que quedaron moitos usuarios.

PUBLICIDADE