Facebook elimina a marca Oculus do seu vindeiro evento sobre realidade virtual
martes, 25 de agosto do 2020
- O equipo de investigación de Oculus pasará a designarse como Facebook Reality Labs
Dende
Facebook decidiron non celebrar eventos presenciais multitudinarios por mor da
situación sanitaria global, e asà o anunciaron cando deron
conta de que a sétima edición de Oculus Connect serÃa totalmente dixital,
pero finalmente decidiron reformular o evento, que xa non se limitará ás tecnoloxÃas
de realidade virtual de Oculus, senón que tamén incluirá os dispositivos Portal
e a solución de realidade aumentada Spark AR, xunto con outras tecnoloxÃas,
polo que consideraron que a nova convocatoria chamarase Facebook Connect e terá
lugar o vindeiro 16 de setembro.
O anuncio desta nova cita realizouse ao presentar
os novos Facebook Reality Labs (FRL), que serán o nome ao que responderá a
división de Facebook dedicada á realidade virtual e aumentada, anteriormente
coñecida como Oculus Research, pero que agora terá unhas miras máis amplas.
AÃnda que o forte de Oculus era a realidade virtual, o equipo de FRL continúa a
ter entre os seus obxectivos conseguir unhas lentes de realidade aumentada que
poidan revolucionar o xeito de interactuar coa tecnoloxÃa e abrir grandes campos
á innovación, para o que é preciso construÃr toda unha plataforma a moitos
niveis, no que podemos ver como unha das máis decididas apostas a longo prazo.