Facebook estrea unha app de enquisas remuneradas

luns, 25 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Para a realización de enquisas para mellorar produtos como Facebook, Instagram, WhatsApp, Portal e Oculus, veñen de estrear nos EE.UU. Facebook Viewpoints, unha nova aplicación móbil a través da que os usuarios afiliados ao programa poden colaborar recompensándose as súas respostas con puntos que traduciranse en pagamentos en cartos reais que recibiranse a través de PayPal.
Esta aplicación canalizará distintos programas, de aí que os usuarios teñan que achegar información como o país de residencia, a data de nacemento e o sexo, así como outras cuestións que a ferramenta pode preguntar, para saber a que usuarios ten que dirixirse para os distintos estudos que realice, informándose en todo momento o tratamento que terá esta información persoal (que non se venderá a terceiros, nin se ligará á actividade de Facebook ou doutras contas sen permiso).
Facebook Viewpoints pretende expandirse internacionalmente a partires de 2020.

Vídeo promocional de Facebook Viewpoints

PUBLICIDADE