Facebook impón a súa ferramenta móbil Moments aos usuarios que sincronizan as súas fotos

luns, 13 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Algúns usuarios están a recibir comunicacións de Facebook instándoos a empregar Moments

A política que está a practicar Facebook para presionar aos seus usuarios a instalar as súas diferentes aplicacións no móbil continúa a causar malestar, xa que o público non está disposto a empregar numerosas aplicacións dunha única compañía sen que iso achegue vantaxes reais, e tras a última polémica sobre o Messenger, agora están a facer algo semellante con Moments, ferramenta para pór en común fotografías cos amigos que Facebook lanzou hai un ano, e que pode considerarse como unha das grandes descoñecidas para os usuarios.
Concretamente os usuarios que nalgún momento optaron por activar a sincronización das fotografías do seu móbil coa nube de Facebook están a recibir unha comunicación na que indícaselles que a partires do 7 de xullo estas imaxes borraranse dos servidores da compañía de Mark Zuckerberg agás que se faga uso da aplicación de Moments.
Cómpre lembrar que as fotografía sincronizadas con Facebook no son as imaxes que compartimos en Facebook, senón as imaxes que temos subidas aos seus servidores de xeito privado, medida coa que pretendíase facilitar compartir as fotografías que tomamos co móbil dun xeito semellante a como se fai con Google Fotos, aínda que non parece que esta idea tivese unha grande aceptación (principalmente por haber tantos servizos que fan o mesmo, e de xeito máis efectivo).