Facebook prepara un Messenger infantil
luns, 4 de decembro do 2017
Facebook iniciou hoxe o lanzamento en EE.UU. da versión
preliminar de Messenger Kids, unha nova
aplicación móbil orientada a facer que os pequenos poidan intercambiar mensaxes
de texto e vÃdeo coa familia e os amigos dun xeito seguro, cun nivel de control
para que os proxenitores poidan estar tranquilos, xa que terán control do uso
da nova aplicación que fagan os seus fillos en tabletas e smartphones.
Polo momento esta versión preliminar de Messenger
Kids só está dispoñible para iPad, iPod Touch e iPhone, e desenvolveuse con
axuda de usuarios e expertos para conseguir un equilibrio entre as
funcionalidades da aplicación e o control que poden establecer os titores sobre
a mesma.
Coa nova ferramenta os pequenos poden establecer conversas individuais ou en
grupo mediante chats de vÃdeo cos contactos que aprobaran previamente os pais,
evitando asà a ameaza de falar con descoñecidos, e para facer que a relación
sexa máis divertida, será posible empregar máscaras, emoticonas e efectos de
son durante as videoconferencias.
AÃnda que o vÃdeo é a funcionalidade principal de Messenger Kids, tamén é
posible enviar fotografÃas, vÃdeos ou texto aos contactos autorizados, que
recibirán os contidos a través da súa aplicación de Messenger ordinaria.
Nos vindeiros meses a aplicación tamén chegará a Android, destacando o feito de que os cativos que a usen non precisan darse de alta en Facebook.
