Files Go permite localizar ficheiros no noso móbil
venres, 23 de marzo do 2018
Unha das aplicacións máis prácticas para dispositivos
móbiles dos últimos anos, Files Go, que facilita
dende a transferencia rápida de arquivos entre smartphones ata a liberación de
espazo no noso dispositivo, está a renovarse, e dende Google queren
destacar que agora incorpora tres novas funcionalidades: busca de arquivos
(poderanse localizar ficheiros no móbil coma quen busca na Internet, incluÃndo
resultados instantáneos, historial de busca, autocompletado e filtros), amosar
a localización dos duplicados (poderemos saber onde están os documentos
duplicados no móbil antes de borralos) e borrar fotografÃas e vÃdeos dos que teñamos
copia na nube (Files Go sincronÃzase con Google Fotos para detectar os ficheiros
dos que teñamos copia na nube de Google para proceder ao seu borrado en local e
asà aforrar espazo no móbil).
