Flipboard chega á versión 4.0
mércores, 8 de febreiro do 2017
A
aplicación Flipboard
veu a luz en 2010 como un xeito de converter ao iPad nunha ferramenta na
que poder consumir os contidos informativos compartidos en redes sociais como
Facebook e Twitter nun formato semellante ao dunha revista tradicional, estreando
anos despois a posibilidade de realizar escolmas de contidos personalizadas, ou
sexa, facilitando que os usuarios
poidan crear as súas propias revistas virtuais para consumo propio ou para
compartir con outros usuarios.
Durante os últimos anos esta ferramenta foi evolucionando para reaccionar ante a
inmensidade de contidos que se comparten e as distintas fontes da información,
e como un xeito de continuar a avanzar na mesma dirección presentan
agora Flipboard 4.0, unha revisión da aplicación que busca achegar unha
mellor experiencia de uso, de xeito que os usuarios poidan gozar da súa
experiencia lectora co menor esforzo pola súa banda. Para conseguir iso as
historias que se comparten organÃzanse dun xeito diferente que dan en chamar
Smart Magazine, que axiliza a localización de contidos interesantes para o
usuario.
Para esta importante mellor de Flipboard o sistema conta con algoritmos de
aprendizaxe que analizan a actividade do usuario, de xeito que canto máis se
interactúe a aplicación, mellor será a experiencia que se conseguirá nesta versión
aplicación que xa
está dispoñible para iOS e para Android.
VÃdeo promocional de Flipboard 4.0
