Free Audio Editor, programa de balde para manipular ficheiros sonoros
mércores, 11 de febreiro do 2009
Os usuarios de
Windows que queiran manipular ficheiros de son en MP3, WMA, WAV ou OGG poden
agora utilizar o programa de balde Free Audio Editor,
que permite editar visualmente os ficheiros de son, aplicar efectos, utilizar
filtros de redución de ruÃdo, extraer audio directamente de CD, xerar audio a
partir de texto (en inglés) e incluso a posibilidade de gravar os ficheiros de
audio a CD.
Se ben existen outros editores de audio coma Audacity (programa aberto e multiplataforma), esta nova
aplicación é máis doada de utilizar, aÃnda que resulte máis limitada, polo que
é unha interesante opción para os que non queiran adquirir un editor de pago
profesional.
