Fusión+ cunha liña móbil só subirá de prezo para novos clientes
luns, 6 de febreiro do 2017
Na factura que recibiron os clientes de Movistar Fusión+ 2
en decembro comunicábaselles
que o 5 de febreiro mudarÃan as condicións do servizo contratado incrementando
o seu prezo e compensando tal suba pasando o volume de datos móbiles de 3 a
8 GB en cada liña, pero quedaba por saber o que acontecerÃa cos clientes de
Movistar Fusión+ que tivesen só unha liña telefónica móbil con 3 GB de datos ao
mes, e finalmente a estes clientes conservaránselles as condicións contratadas,
aÃnda que o servizo si subirá de prezo 5 euros/mes para novos clientes, que non
terán a opción de contratar só 3 GB
de datos no móbil, senón que gozarán de 8 GB de datos por cada liña móbil (coa
posibilidade de compartir o volume de datos entre as distintas liñas, ou sexa,
que inicialmente terÃan 16 GB a compartir entre 2 liñas móbiles).
