GAIN salienta o crecemento dos centros tecnolóxicos galegos
venres, 25 de outubro do 2019
A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia
Argerey, participou esta mañá en Vigo na presentación dos resultados do
exercicio 2018 da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), a
agrupación que reúne aos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia (AIMEN,
Anfaco-Cecopesca, CTAG, Gradiant, EnergyLab e ITG), xunto ao seu presidente
Juan Manuel Vieites e o xerente de ATIGA, Javier Doval.
A directora de GAIN felicitou á entidade polos bos
resultados acadados no 2018, asà como polo crecemento sostido dende 2014 tanto
en canto a ingresos como a proxectos de I+D+i e persoal empregado. Respecto de
2017, o volume de ingresos dos centros tecnolóxicos que integran a Alianza
medrou un 10,5% superando os 71 millóns de euros, o equipo humano creceu un
10,1% e a actividade de I+D+i, un 4,3%.
Argerey destacou especialmente os retornos obtidos do
programa marco europeo de I+D+i, Horizon2020 (H2020), no que os
centros tecnolóxicos galegos medraron un 70% dende 2016 e posicionáronse en
segundo lugar dentro da clasificación de centros tecnolóxicos estatais.
Colaboración Xunta de Galicia-ATIGA
Patricia Argerey lembrou o papel clave que desenvolven os
centros tecnolóxicos e de apoio á innovación na dinamización do ecosistema
galego de I+D+i, en especial no impulso ao crecemento e a competitividade das PEME,
motivo polo que a Xunta contempla unha serie de instrumentos para a
transferencia dos resultados da investigación ao tecido industrial e ao
mercado.
Entre estes instrumentos Argerey subliñou os
contratos-programa para a consolidación dos centros tecnolóxicos, que teñen
como finalidade financiar os gastos estruturais e de funcionamento; a liña de
fortalecemento de centros tecnolóxicos que inclúe axudas para a adquisición de
infraestruturas de investigación de alta calidade e de carácter aberto e
compartido para mellorar a súa excelencia cientÃfica e as tarefas de
transferencia; as Unidades Mixtas de Investigación, agrupacións entre un
organismo de investigación e unha empresa para desenvolver un proxecto de I+D+i
estratéxico para Galicia; o programa de Fábrica Intelixente que apoia grandes
proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido
industrial galego en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro;
o apoio a proxectos de I+D+i en colaboración entre empresas a través do
programa Conecta PEME; e as liñas de apoio á captación e retención de talento
en Galicia, como os programas Principia e Talento Sénior, que fomentan a
contratación de persoal destinado a tarefas de I+D+i.
Por último, a directora de GAIN apuntou a recente sinatura
dun convenio de colaboración con ATIGA que fai especial fincapé na
internacionalización da Alianza e que apoia a presenza da entidade en redes
tecnolóxicas europeas e a formación conxunta do capital humano dos centros e
actividades de promoción e difusión. Este acordo incide na importancia da
colaboración e na aposta pola innovación aberta que achegue o coñecemento e as
tecnoloxÃas desenvoltas polos centros tecnolóxicos ao mercado e que isto se
traduza en crecemento económico e progreso.