Galicia xa conta con 5 puntos públicos de recarga de móbiles
luns, 10 de agosto do 2009

- Punto de recarga nun centro comercial coruñés
A compañÃa catalá PuntoBilë busca crear o
que consideran que poderÃan ser «as
cabinas telefónicas do futuro», uns puntos de recarga para teléfonos
móbiles, de xeito que en locais públicos como aeroportos ou centros comerciais
pódese acceder a unha toma de corrente durante 15 minutos por 1 euro (aÃnda que
nalgúns locais de hostalerÃa o servizo de recarga é totalmente de balde).
Este novo negocio busca asà atender unha demanda do mercado, pois na
actualidade case toda a poboación adulta conta cun terminal de telefonÃa móbil,
pero ter a súa baterÃa cargada non é sempre posible, especialmente entre xente
que vai de viaxe ou que recibe unha longa chamada inesperada, e a disposición
de puntos públicos de recarga resulta atractivo, estando esta
posibilidade xa dispoñible en Galicia. PuntoBilë estreouse con 2 cabinas no aeroporto de Vigo e con puntos
de recarga nos centros comerciais de Poio, Dolce Vita (A Coruña) e TravesÃa
(Vigo).
A empresa agarda achegar o seu servizo a moitos lugares cun tráfico frecuente
de usuarios, coma restaurantes, estacións ou gasolineiras.
