Galiciencia bota a andar o vindeiro mércores cunha edición en liña
luns, 7 de decembro do 2020
O Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole,
promove desde o ano 2006 Galiciencia, a maior feira cientÃfica que se celebra
na nosa comunidade e que busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos
máis novos. Conta co apoio da ConsellerÃa de EconomÃa, Empresa e Innovación, a
través da Axencia Galega de Innovación (Gain).
«A finalidade de Galiciencia é
estimular a creatividade e o talento para innovar do alumnado, permitÃndolle achegarse
á ciencia a través do xogo e a creación e contribuÃndo a espertar neles as
vocacións cientÃficas» – indica o director xerente de Tecnópole, Ricardo
Capilla.
Esta 15ª edición, que desenvolverase entre o mércores e o venres, será
en liña, debido ás restricións provocadas pola actual situación sanitaria, e
poderá seguirse a través
da canle de YouTube de Galiciencia e da súa páxina web oficial. Esta
circunstancia permite ampliala a todo o ámbito nacional, podendo chegar asà a
máis rapaces e rapazas interesados na ciencia, a innovación e a tecnoloxÃa.
Este certame cientÃfico dirÃxese a
estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Nesta edición, que se
celebra baixo o lema A innovación do futuro, amosarase cara a onde
camiña a innovación, cales serán os recursos e procesos que se utilizarán para
levar a cabo esa innovación, en que ámbitos da vida se desenvolverá máis e que
melloras proporcionará á sociedade ou mesmo as desvantaxes que pode supor.
Ciencia divertida e amena
Esta semana terán lugar diferentes actividades totalmente interactivas. O mércores celebrarase un grande espectáculo de ciencia e os dÃas 10 e 11 realizaranse varios talleres para estudantes de Primaria e Secundaria. Os grupos participantes xa recibiron nos seus centros educativos, de xeito gratuÃto, un lote con todo o material necesario para poder formar parte destas experiencias. Os estudantes de Primaria achegaranse ao mundo da electricidade e os de Secundaria, pola súa parte, terán a oportunidade de coñecer máis de preto os segredos da chamada cociña molecular.
Tres premios para os proxectos máis innovadores
Nos vindeiros dÃas daranse a coñecer os gañadores dos proxectos máis innovadores desta edición, que ao longo do último mes foron chegando á organización de Galiciencia. Equipos de Secundaria, Bacharelato e FP competirán polo premio final do certame.