Gaspar Llamazares deu o primeiro mitin dun polÃtico español en Second Life
luns, 14 de maio do 2007
O coordinador
xeral de IU, Gaspar Llamazares, trala súa estrea en Second Life deu o primeiro
mitin dun polÃtico español en tal espazo virtual. Para a realización do evento,
Llamazares
acudiu fisicamente á sede federal do seu partido en Madrid, onde deu o seu
discurso, mentres que a súa voz se transmitÃa simultaneamente ó escenario
virtual de Second Life, onde asistiron entre 80 e 89 avatares.
No acto o polÃtico comprometeuse a impulsar con máis recursos as novas tecnoloxÃas
para evitar a fenda dixital existente en España. Con esta iniciativa pioneira
Llamazares tamén procura achegarse tanto á xente moza como ás persoas que están
moi implicadas en experiencias virtuais coma Second Life.
O evento foi
dobremente innovador, pois achegou tanto un mitin virtual coma unha experiencia
de voz en tempo real, aÃnda que o acto foi breve, e pese a que pretendÃa unha
achegamento ós habitantes de Second Life, ó
rematar a intervención non se aceptaron preguntas nin se agardou para que os
asistentes puideran sacar fotografÃas con Llamazares á vez que vestÃan
algunha das camisetas de IU que regalaban no encontro dixital.
A intervención púidose ver a posteriori
na web de IU:
