Geohot publica os seus achados sobre a seguridade da PS3
mércores, 27 de xaneiro do 2010
O anuncio
de George Geohot Hotz de ter
vulnerado a seguridade da PlayStation 3 deixou de ser unha información
sen confirmar e o rapaz que se fixera popular por ser un dos referentes na
desprotección do iPhone publicou
finalmente o fallo de seguridade detectado na PS3, de xeito que
outras persoas poden comprobalo, deixando asà na scene a posibilidade de tirar proveito do mesmo para, por exemplo,
executar xogos copiados, o que
actualmente está lonxe de conseguirse, pois abrir o acceso á memoria da PS3 só
é o primeiro paso para analizar a información capturada e asà atopar métodos que poidan levar ao pirateo da consola doméstica de Sony, que leva mais de 3 anos
evitando a piraterÃa, o que é todo un
logro.
