Gmail e Google Calendar renovan as súas aplicacións para iOS
luns, 7 de novembro do 2016
As
aplicacións de Gmail e Google Calendar veñen de actualizarse en iOS
incorporando atractivas novidades. De feito, considérase que no caso de Gmail
estamos ante a meirande actualización da aplicación para dispositivos móbiles
de Apple en preto de 4 anos, cunha nova aparencia, mellores transicións e algunhas
caracterÃsticas moi demandadas polos usuarios. Por exemplo, a aplicación
permite agora, ao igual que tamén se pode facer dende a web, desfacer o envÃo
dunha mensaxe (evitando asà envÃos accidentais), as buscas axilÃzanse mediante
resultados instantáneos e suxestións de escritura (evitando erratas) e
facilitan o uso de xestos para arquivar e borrar mensaxes (facilitando asà o
manter a bandexa de entrada máis limpa).
O Calendario
de Google, pola súa banda, estrea funcións como amosar vistas de mes e de
semana en modo apaisado, integración da busca de Spotlight (facilitando asÃ
atopar elementos introducidos na aplicación) e alternancia de calendarios (de
xeito que usuarios que teñan que comprobar con frecuencia calendarios non
gregorianos poden engadilos para poder consultalos dende o calendario actual).

- Google Calendar estrea modos de vista en apaisado en iOS
