Gómez Caamaño participou na primeira xornada de lecer dixital en familia que organiza a Xunta
luns, 29 de setembro do 2025
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, achegouse o pasado sábado ao Multiusos Fontes de Sar de Santiago de Compostela con motivo da celebración da primeira edición da Xornada de benestar dixital familiar. A iniciativa, posta en marcha pola Xunta, buscou promover a convivencia saudable coas pantallas e cos dispositivos electrónicos no fogar, ao tempo que se impulsaron hábitos axeitados no eido dixital.
A cita, impulsada pola ConsellerÃa de Sanidade a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, puxo o acento na necesidade de atopar un equilibrio entre a vida dixital e o tempo en familia; promover a procura de contidos educativos e de entretemento con valor engadido; e establecer pautas de conduta dixital nas que os adultos se convertan en referentes para os máis pequenos.
O evento prolongouse ata as oito da tarde e estivo aberto a todas as familias, que puideron participar de balde e sen inscrición previa.
Entre as propostas desenvolveuse un torneo de Mario Kart no que pais e fillos competiron nun pequeno campionato interxeracional; un obradoiro sobre os contidos máis axeitados en función da idade; sesións que mesturaban xogos tradicionais con lecer dixital; e un espazo para coñecer tendencias e retos como a realidade virtual ou a intelixencia artificial. Tamén se habilitaron zonas de lecer e experiencias formativas que contribuÃron a crear un ambiente distendido e participativo.
As familias cubriron un cuestionario, dispoñible tanto en formato fÃsico como por correo electrónico, para recoller datos sobre os seus hábitos dixitais. A información permitirá realizar un seguimento ás catro semanas e avaliar o impacto da iniciativa no dÃa a dÃa dos fogares.
A ConsellerÃa de Sanidade adiantou que a intención é estender esta experiencia a outras localidades galegas.
