Google Calendar Sync premite sincronizar a axenda de Google coa de Outlook
xoves, 6 de marzo do 2008
A sincronización da nosa axenda entre o noso ordenador e a Internet
convértese nunha tarefa máis doada grazas á aplicación Google
Calendar Sync, que permite que as nosas anotacións en Google Calendar e no
calendario do Outlook se entendan, o que facilita que, cando non esteamos
diante do noso ordenador, poidamos consultar a nosa axenda a través doutro
equipo ou do móbil, accedendo ó servizo de Google.
Actualmente xa existÃas aplicacións para facer esta tarefa, pero desta volta se
trata dunha ferramenta oficial de Google que xa se pode descargar
de balde.
