Google Chrome chegará a Linux e Mac OS X en breve
luns, 12 de xaneiro do 2009
Para mellorar o funcionamento
das súas páxinas web dende Google estrearon un navegador
baseado en WebKit que polo momento só está dispoñible para Windows,
mentres que as súas versión para Mac OS X e Linux se fan de rogar, aÃnda que dende
a compañÃa aseguraron que agardan que cheguen durante
a primeira metade do ano á vez que anuncian que a versión actual actualizarase
para soportar extensións (para poder roubar cota de mercado ao Mozilla Firefox)
no que serÃa un Chrome 2.0 que polo momento está en probas.
A nova versión de Chrome (2.0.156.1) non
só engadirÃa extensións (que entre outras cousas permitirÃan a
personalización do navegador a través de scripts
Greasemonkey), senón que tamén incorporarÃa auto-completado de formularios, zoom a páxina completa (ao ampliar unha
páxina a versión actual só amplÃa o texto), desprazamento automático,
importación de marcadores dende Google Bookmarks, nova implementación da
función de SafeBrowsing, etc.
As melloras anunciadas parecen moi interesantes, e dan a entender que a guerra
dos navegadores web non fixo máis que comezar.
