Google Earth inclúe imaxes astronómicas
mércores, 22 de agosto do 2007
A aplicación informática de Google que permite o
acceso á súa base de datos de mapas, Google
Earth, afástase da Terra e bota unha ollada ás estrelas de xeito que pode
funcionar coma un planetario permitindo “explorar
o Universo dende a comunidade dunha cadeira”.
Os
usuarios poden achegarse a galaxias a centos de millóns de anos luz de
distancia, explorar constelación e ser testemuño de explosións de
supernovas grazas a máis un millón de fotografías do ceo de distintas fontes
coma o observatorio de Palomar ou o telescopio Hubble, de xeito que a labor que
facía este programa na difusión da cartografía terrestre se espalla á astronomía.
