Google Earth incorpora vídeos de YouTube localizados xeograficamente
luns, 15 de outubro do 2007
A aplicación informática de Google que permite
percorrer todo o planeta dende o aire amosando imaxes tomadas por satélite e
outros métodos, Google Earth, vén de
incluír unha nova capa de datos ó seu servizo, de xeito amosa
vídeos de YouTube segundo a súa localización, podendo reproducilos no
navegador ou no programa de escritorio.
Os usuarios de YouTube xa hai tempo que poden xeolocalizar os seus contidos, e
agora esta información se pode aproveitar para moverse por todo o planeta
descubrindo os vídeos que se tomaron en cada punto.
Con esta nova incorporación a Google Earth podemos ir á Praza do Obradoiro a
ver un vídeo do
Botafumeiro, descubrir a gravación dun concerto de
Berrogüetto en Ferrol ou contemplar a celebración dunha voda en
Boente. Ábrese un novo xeito de navegar polos vídeos de YouTube, así como
de facer turismo sen erguernos de diante do ordenador.
