Google Maps para Android agora pode funcionar sen conexión á Internet
martes, 10 de novembro do 2015
As aplicacións de navegación GPS no móbil feriron de morte
os navegadores dedicados, pero hai moitas situacións nas que non resultan moi
prácticos xa que boa parte destas ferramentas precisan de conexións constante á
Rede para funcionar, o que pode ser un problema tanto por non ter contratado un
servizo de datos no móbil como por estar en zonas con mala cobertura, de aà que
dende Google decidan finalmente reaccionar e anuncian que a partires de hoxe os
usuarios da súa aplicación de mapas poden descargar áreas completas no seu
terminal para telos accesibles cando non teñan conexión á Internet, continuando
a funcionar a navegación sen conectividade (ata o momento, se tiñamos os
mapas no móbil podiamos consultalos fóra de liña, pero a navegación
desactivábase).
Para descargar un área chega con buscar, por exemplo, unha cidade, para logo
premer a opción de Descargar. Unha
vez descargada Google Maps pasará ao modo offline
de xeito automático cando a Rede falle e esteamos a empregar ese mapa, volvendo
ao modo en liña cando se retome a conexión. A descarga pode facerse mediante
redes Wi-Fi, de xeito que agora os usuarios que non teñan conexión de datos no
móbil tamén poderán gozar de funcionalidades de navegación GPS básicas.
AÃnda que esta nova funcionalidade só está dispoñible para a aplicación de
Google Maps para Android, nas vindeiras semanas atoparase tamén dispoñible na
aplicación para iOS.
