Google Pack inclúe o paquete StarOffice
luns, 13 de agosto do 2007
Google distribúe dende hai tempo unha serie de
aplicacións informáticas de balde (Google
Pack) que pretenden facilitar a vida ós seus usuarios, e que se limitaba
nun principio a programas propios (Google Earth, Google Desktop, Picasa e a
barra de Google para os navegadores Internet Explorer e Firefox) pero que se
foi abrindo a produtos de terceiros coma o Norton Security Scan, o Spyware
Doctor (versión de proba), o Adobe Reader, RealPlayer, Skype e agora tamén ó paquete
de produtividade StarOffice.
O StarOffice
é unha solución
ofimática completa que inclúe aplicacións para o proceso de textos (Writer),
folla de cálculo (Calc), realización de gráficos (Draw), presentacións
multimedia (Impress) e base de datos (Base), sendo compatible con documentos
creados polo Office de Microsoft, e se viña vendendo por 69,95 dólares, polo
que os usuarios que queiran usar esta aplicación (en vez da súa variante de
balde OpenOffice.org) tamén o poderán facer de xeito gratuÃto.
