Google Sync para Blackberry achega o calendario web ó móbil
venres, 14 de decembro do 2007
O servizo de calendarios de Google goza de moito éxito
e seguidores, polo que hai meses lanzaron unha versión móbil (e incluso está
adaptado ó iPhone), de xeito que os seus usuarios poden viaxar podendo
consultar en calquera ocasión a información sobre as súas citas e actividades, pero
esta solución contaba cun problema: non se podÃa consultar a axenda cando un se
atopa en lugares sen cobertura de móbil. Para solucionar iso, dende Google
estrean unha ferramenta
de sincronización que permite
incluÃr os eventos do calendario ós terminais Blackberry de xeito que os
eventos engadidos no móbil e na web poderán coexistir e complementarse.
