Gradiant fai reconto da súa frutÃfera actividade na iniciativa europea LIFTGATE
luns, 14 de outubro do 2013
O proxecto LIFTGATE
(Lifting Up the Research Potential of the Galician Telecomms
Center) é unha iniciativa dirixida a pór o noso potencial
investigador, no eido das novas tecnoloxÃas da información e das
telecomunicacións, o máis preto posible de Europa. Máis en
concreto, este proxecto financiado pola Comisión Europea a través
do VII Programa Marco (o Programa de Capacidades-RegPot), encamÃñase
a aumentar a competitividade do centro
Gradiant como centro tecnolóxico a nivel europeo. A este
respecto, trátase dunha iniciativa viva que cada pouco estreita
ligazóns entre Gradiant e o tecido innovador internacional. De
feito, a sede do centro galego foi o escenario recente da segunda
xuntanza do comité consultivo de LIFTGATE.
O obxectivo foi revisar a
intensa actividade que Gradiant mantivo dentro de LIFTGATE durante os
dous primeiros anos de actividade, os resultados que se obtiveron e
as previsións para o terceiro ano do proxecto, que comeza agora. A
reunión pechouse cunha mesa redonda na que os membros do comité
debateron ideas que servirán para facer aÃnda máis intenso o
impacto de LIFTGATE en Gradiant e no ecosistema de innovación
galego.
Por certo que o comité
está presidido polo director xeral de Gradiant, Fernando Pérez
González, e conta con representantes dos tres ámbitos implicados na
innovación: a industria, a Administración a través da Axencia
Galega de Innovación, e as tres Universidades galegas. Ademais, no
devandito equipo tamén hai dous representantes de Technicolor e
Telecom Bretagne, dúas das entidades francesas coas que Gradiant
mantivo intercambios de persoal investigador durante o proxecto.
A función do comité
consultivo é avaliar a orientación do proxecto, a súa execución e
os resultados obtidos. Segundo informa o centro galego, LIFTGATE
seguirá a xerar actividade na súa sede en Vigo. De feito, a
vindeira semana celebrarase alà unha xornada formativa titulada
Mercadotecnia e comercialización de propiedade intelectual e
tecnoloxÃa. Será o venres 18 de outubro, e estará orientada ao
persoal interno do centro.

- Imaxe dos participantes na xuntanza
