Grande éxito da Xbox 360 nos EE.UU. no mes de xuño
venres, 17 de xullo do 2009

- Vendas das distintas plataformas de xogo nos EE.UU. durante o mes de xuño
En España
Nintendo arrasa en vendas de videoxogos, e entre as consolas de alta definición
Sony trunfa, polo que temos que recoñecer que estamos nun mercado
distorsionado, no que a marca PlayStation ten moita sona, polo que aquÃ
sorprende ver cómo a impresión global é que Sony está a perder o rumbo. Para
ter unha mellor perspectiva podemos ver as vendas de videoxogos en EE.UU.
durante o mes de xuño, na que a
Xbox 360 ocupa os dous primeiros postos con Prototype
e UFC 2009: Undisputed, mentres
que en España non é capaz de colocar ningún tÃtulo entre os 10 primeiros
postos. De feito, entre os 10 xogos máis vendidos a Xbox 360 triplica as vendas
da PS3 e case suma tanto como a Wii e a PS3 xuntas.
Entendemos asà que a consola de Microsoft está gozando dunha saúde magnÃfica,
mentres que a PS3 está a telo moi difÃcil nesta xeración de consolas, pois
aÃnda que a distancia entre a PS3 e a Xbox 360 a nivel global é cada vez menor,
a consola de Microsoft segue a vender máis unidades, colocando 240,6 milleiros
de unidades en xuño, mentres que a PS3 quedou en 164,7 milleiros e a Wii
continúa vendendo moitÃsimo (361,7), o que non parece traducirse nunhas vendas
de xogos moi fortes.
Con estes datos na man podemos asegurar que a Xbox 360 en Norteamérica é a
consola que está a funcionar mellor, pois non só ten unhas boas vendas (mellores
incluso que o ano pasado) e un bo prezo, senón que tamén serÃa a que vende
máis xogos por consola e resulta asà máis rendible para os desenvolvedores.
Pero esas non serÃan as únicas malas novas para Sony, senón que no mercado
portátil o seu resultado estarÃa a ser desastroso, con só 163,5 milleiros de
PSP vendidas nos EE.UU. mentres que a Nintendo DS chega aos 766,5 milleiros, ou
sexa, que Nintendo case quintuplica en vendas á portátil de Sony, e a cousa non
parece que vaia a cambiar a medio prazo, pois a PSPGo será unha consola
demasiado cara para a conxuntura económica actual (mentres a Nintendo DSi está
a venderse moi ben) e a PS3 continúa a ter un prezo desorbitado. Non sorprende
asà que os analistas aseguren que Sony ten que reducir o prezo da PlayStation 3
no outono se non quere enfrontarse a unha campaña de Nadal que non será capaz
de cambiar o rumbo descendente da empresa nipona.
