HPE mirará ao mañá dende Londres

venres, 25 de novembro do 2016 Redacción

A semana que vén a división para Empresas de HP levará a Londres o seu evento Discover 2016, que entre os días 29 de novembro e 1 de decembro desenvolverá unha completa axenda con máis de 500 actividades e oradores de primeira orde dos distintos eidos dentro do sector tecnolóxico que achegaranse aos principais fotos da transformación dixital a través de sesións centradas na innovación. Os asistentes poderán ver en funcionamento as solucións de HPE e outros provedores tecnolóxicos, participar en sesións de manexo de produtos e escoitar de primeira man a grandes figuras do sector que darán o seu particular punto de vista da actualidade e do que está por chegar.
As actividades dividiranse en varios grupos baixo as palabras chave de transformación (infraestruturas tradicionais e a nube colaboran para o progreso da empresa), protección (a seguridade abordada dende distintos ángulos), empoderamento (tirar proveito dos datos das empresas e prepararse para poder beneficiarse realmente da Internet das Cousas) e habilitación (as aplicacións móbiles, o software de colaboración e ferramentas para mellorar a produtividade no espazo de traballo.
A directora xeral e presidenta de HPE, Meg Whitman, terá un rol importante neste encontro, con dúas sesións nas que, xunto a outros altos directivos da empresa, buscará abordar a situación actual e analizar as tendencias emerxentes da industria en xeral e dos sector das tecnoloxías da información en particular, así como do procesos de transformación dixital dende o punto de vista dos usuarios.