Ignasi Belda ocupará a dirección xeral da AESIA
xoves, 13 de xuño do 2024
O Ministerio para a Transformación Dixital e a Función Pública, a través da súa SecretarÃa de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, rematou o proceso para seleccionar ao director xeral da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) que terá sede na cidade da Coruña.
O Consello Reitor da AESIA reuniuse onte nunha sesión na que os seus membros acordaron este nomeamento a proposta da presidencia da Axencia, ostentada pola titular da SecretarÃa de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Mayte Ledo. O elixido para liderar a institución pioneira a nivel europeo é o doutor Ignasi Belda, un profesional altamente cualificado e cunha sólida formación académica e experiencia técnica en intelixencia artificial.
Belda é enxeñeiro informático cun doutoramento en IA e un segundo doutoramento en dereito da tecnoloxÃa, unha condición moi axeitada para esta función, tendo en conta o ámbito de acción da Axencia e o papel que xogará na supervisión no marco do Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial. Belda posúe unha ampla traxectoria en proxectos de investigación en materia de intelixencia artificial con resultados tanxibles e aplicacións prácticas, especialmente en biomedicina.
Na súa dilatada experiencia profesional destaca o seu papel como director xeral do Parc CientÃfic de Barcelona, unha institución pública dedicada ao impulso da innovación e a investigación, onde liderou con éxito un equipo multidisciplinar. En 2019 Belda fundou MiWEndo Solutions, que desenvolveu un dispositivo enfocado a mellorar a detección dos pólipos malignos que aparecen no cancro colorrectal.
Pola súa traxectoria académica e profesional, asà como a combinación de experiencia no ámbito privado e o público, o doutor Belda presenta unha experiencia interdisciplinaria en xestión da ciencia e a tecnoloxÃa nos ámbitos da enxeñerÃa, as ciencias da vida, as ciencias sociais e as ciencias humanÃsticas.
Belda coñece ben o sistema español e europeo de investigación e universidades e posúe unha ampla rede de conexións internacionais, que serán cruciais para o posicionamento da axencia a nivel nacional e internacional. Galardoado con máis de 25 premios durante a súa traxectoria, destacan o Premio Princesa de Girona 2014 ou o Premio Healthy Longevity outorgado pola Asociación Americana de Medicina pola Innovación do Ano, no 2020. Ademais, acredita un número de publicacións académicas de calidade en materias como os retos éticos que presenta a intelixencia artificial, as redes neuronais e as matemáticas.