Importante actualización de Google Earth
martes, 3 de febreiro do 2009
A
versión en proba de Google
Earth 5.0 xa está dispoñible para a súa descarga, e poderiamos estar
ante unha das principais actualizacións desta aplicación que permite explorar o
mundo dende a pantalla do ordenador combinando os lugares percorridos con
información achegada da Rede a través de distintas capas que presentan datos de
servizo moi diversos que van dende fotografÃas xeolocalizadas ata entradas da
Wikipedia.
A nova versión de Google Earth, dispoñible para Windows, Mac OS X e Linux, inclúe
principalmente a posibilidade de consultar imaxes históricas de todo o mundo
(permitÃndonos contrastar a evolución das zonas polas que nos movemos),
presenta datos e imaxes da superficie oceánica e incorpora viaxes simplificadas
coa posibilidade de engadir audio e gravacións de voz.
A información sobre os océanos é para moitos a grande novidade do Google Earth
5.0, de xeito que amplÃa as capacidades desta aplicación á totalidade da
superficie do planeta, e agregando datos achegados por National Geographic, o
Acuario da BaÃa de Monterrey, a Mariña norteamericana e outras institucións
relacionadas cos estudos dos océanos. Non só podemos ver o fondo oceánico,
senón que tamén podemos ver descricións de distintos enclaves significativos ou
ver documentais en vÃdeo gravados en distintas localizacións emblemáticas.
A
idea de que Google Earth espallase o seu ámbito de aplicación ao mar naceu en
España, nunhas xornadas nas que coincidiron Sylvia Earle
(oceanógrafa de National Geographic) e John Hanke (un dos fundadores de
Keyhole, empresa que desenvolveu a aplicación que logo se converterÃa en Google
Earth trala absorción da compañÃa por parte de Google).
Se deixamos o mar e volvemos á terra, resulta moi interesante ver cómo en Google
Earth contamos cun reloxo que nos permite viaxar no tempo, permitÃndonos observar
a evolución urbanÃstica de moitas cidades, asà como outros cambios
que pódense apreciar grazas ao arquivo histórico de imaxes en Google Earth.
O feito de que a aplicación tamén mellore no tocante á creación de rutas
turÃsticas que permitan á xente narrar historias valéndose da aplicación
xeográfica de Google tamén é unha interesante mellora, aÃnda que a moitos
sorprenderalles máis o feito de que se poida saltar da Terra a Marte, o que nos
permite explorar o Planeta Vermello cunha resolución bastante boa, e con
información, entre outras cousas, das exploracións marcianas.
VÃdeo de presentación do Google Earth 5.0
