Instagram actualiza a súa aplicación móbil e renova o seu logotipo
mércores, 11 de maio do 2016
A aplicación lÃder para compartir fotografÃas dende o móbil,
Instagram, recibiu hoxe unha actualización radical que, sen mudar o
funcionamento da ferramenta, renovou
tanto a súa aparencia gráfica como a súa icona, de xeito que semella unha aplicación
móbil totalmente diferente (que ao non mudar nas mecánicas de uso non deberÃa
supor ningún trauma para o usuario).
Ao gozar agora dun deseño máis simple, cos elementos de interface de menor
tamaño, dáse un maior protagonismo ás fotografÃas e aos vÃdeos, sen modificar
as mecánicas de navegación.
A partires de agora as aplicacións da familia de Instagram (como Layaout,
Boomerang e Hyperlapse) comparten iconas deseñadas mantendo a súa forma básica,
pero debuxándose nun gradiente multicor que será o novo selo da marca.
Este cambio é moito máis importante do que poderiamos pensar inicialmente, xa
que ao non limitarse á aplicación móbil, e chagar á icona que a representa,
obrigará tamén a que infinidade de páxinas webs nas que empregan o vello
logotipo para ligar a súa conta de Instagram teñan que mudar esa imaxe nalgún
momento, o que claramente non acontecerá a curto prazo.
VÃdeo de presentación do novo logotipo de Instagram
