Instagram incorpora o gardado de publicacións
mércores, 14 de decembro do 2016
Cada vez hai máis contidos en Instagram, e dado que, aparte
de imaxes, en moitas ocasións tamén hai vÃdeos, non sempre podemos estar en
condicións de poder atender ao seu contido, de aà que decidisen incorporar unha
nova funcionalidade á aplicación que máis peso está a coller nos últimos meses:
a posibilidade de gardar
publicacións.
A partires de agora, debaixo das fotografÃas e vÃdeos de Instagram teremos unha
icona dun marcador que, se prememos sobre a mesma, incorporaremos a publicación
a unha listaxe de contidos gardados á que só poderemos acceder nós, e que permiten
que tanto poidamos etiquetar un contido para velo máis tarde, como poder
recompilar material do que gustemos especialmente para poder revisalo sen ter
que explorar entre a infinidade de material compartido polos nosos amigos en
Instagram.
Para gozar do gardado de publicacións de Instagram só temos que contar coa
última versión da aplicación do servizo para iOS ou Android.
