Integran µTorrent no cliente oficial de BitTorrent
martes, 31 de xullo do 2007
BitTorrent
renova a súa aplicación informática oficial, de xeito que o BitTorrent 6.0
será realmente o popular µTorrent (adquirido hai pouco por BitTorrent Inc.), que
revalida asà a súa posición destacada entre tódolos clientes de BitTorrent.
A versión de proba de BitTorrent 6.0 non suporá a desaparición
de µTorrent, que continuará a existir de xeito independente, e que poderÃa
contar cunha versión para Mac OS X nas vindeiras semanas (actualmente só ten
versión para Windows).
Con este cambio no cliente oficial de BitTorrent (que é incompatible coas
descargas en curso na versión 5, pois é unha renovación absoluta da aplicación)
é asà unha aplicación máis lixeira (carga menos a memoria e o procesador do
ordenador no que se executa), descubre conexións locais, permite múltiples
descargas simultáneas, ten un programador configurable do largo de banda,
permite limitar a velocidade dos ficheiros de xeito independente e global,
permite retomar rapidamente as transferencias interrompidas, soporta RSS e pode
funcionar en ausencia de rastrexadores (DHT).
Control remoto dos torrents
Outro detalle que está a causar sensación no µTorrent é a publicación na Rede
dunha versión de proba do WebUI, que
serÃa unha interface de uso remoto que permitirÃa a xestión de descargas mediante
un navegador web. Esta funcionalidade resulta moi atractiva para os
usuarios que queren controlar as descargas do seu ordenador doméstico dende o
traballo ou mesmo en domicilios con varios equipos de xeito que se poden
centralizar as descargas nun único ordenador.
O WebUI permite incluso o control dende teléfonos móbiles, e sorprende que
mesmo desenvolveran unha extensión do Firefox que
permite a visualización das velocidades de descarga e subida do µTorrent dende
a barra de estado do navegador.
