Intel presenta a segunda xeración do seu Classmate PC
xoves, 3 de abril do 2008
No marco do Intel Developer Forum de Shanghai presentouse
unha nova xeración de ordenadores Classmate PC dirixidos aos cativos,
presentando un tamaño reducido e un acabado robusto, asà como unha alta
portabilidade que o converte nunha axeitada ferramenta para o seu uso
educativo.
O primeiro Classmate PC se vÃa como a resposta de Intel ao proxecto OLPC, pero
esta nova xeración confirma a aposta de Intel polo que dá en chamar netbooks (equipos
portátiles pensados para o uso de aplicacións baseadas na Internet). O novo modelo de Classmate PC conta cun procesador Intel Celeron M, Wi-Fi, pantalla
LCD de 9 polgadas, baterÃa de 6 celas (e longa duración), 512 Mb de memoria e
un disco duro de 30 Gb, podendo funcionar tanto con Windows XP coma con Linux,
e está pensado que se distribúan con toda unha serie de software educativo
preinstalado.
Durante a presentación, Andrew Chien, vicepresidente de Intel, sinalou que os
futuros Classmate PC funcionará con procesadores Intel Atom, pensados en boa
medida para este tipo de equipos orientados á Rede.
