Italia ultima a súa aplicación de rastrexo de contactos para loitar contra a COVID-19

martes, 2 de xuño do 2020 Marcus Fernández

Levamos meses falando das aplicacións de rastrexo de contactos para móbiles que facilitarán a proliferación da COVID-19 en futuras repuntas da enfermidade, e agora que Google e Apple distribuíron entre os móbiles cos seus sistemas operativos unha API común que facilita a creación de aplicacións para tal fin primando a privacidade dos usuarios, estas ferramentas comezan a ver a luz, e en Italia anuncian o inicio do programa piloto de Immuni, a súa aplicación local, o vindeiro día 8. A nova aplicación móbil comezará a operar en Liguria, Abruzzo, Marche e Publia, para espallarse despois ao resto do país.
Esta sería a primeira aplicación baseada na API de Google e Apple en entrar en funcionamento na Unión Europea (a semana pasada tamén comezou en Suíza), e prevese que en poucas semanas comece tamén o piloto dunha aplicación española en Canarias.
Estas aplicacións teñen unha arquitectura descentralizada, de xeito que en ningún momento se identifica aos seus usuarios, e non se basean na localización GPS, senón que o que fan realmente é xerar un identificador efémero para os smartphones que compartirase por Bluetooth con outros dispositivos próximos, de xeito que cando un usuario dea positivo na proba de coronavirus, pode indicalo na aplicación, e os usuarios da mesma que estivesen próximos ao infectado nos últimos 14 días recibirán unha alerta instándoos a illarse a someterse a unha proba de coronavirus.
Este tipo de solución non é de uso obrigado, polo que é importante a confianza dos cidadáns para conseguir un uso masivo que faga que teñan un uso que resulte práctico.

A aplicación ten un funcionamento no que prima o anonimato dos usuarios

ACTUALIZACIÓN: Dende Francia tampouco quixeron facerse de rogar, e xa teñen dispoñible a súa aplicación StopCovid France na App Store e na tenda de aplicacións de Google Play.

Boa parte dos móbiles actuais xa recibiron a capacidade do seu sistema operativo para o rastrexo de contactos (que activarase ao instalar a aplicación local correspondente)

PUBLICIDADE