JVC presenta un prototipo de televisor de 110 polgadas
mércores, 4 de outubro do 2006
O tamaño dos televisores está a chegar a dimensións inéditas, e asà a Victor Company of Japan (JVC) desenvolveu un televisor retroproxector de 110 polgadas, converténdose no dispositivo deste tipo máis grande do mundo.
A pantalla deste novo dispositivo mide 243,5 x 137 cm empregando a tecnoloxÃa de panel de cristal lÃquido reflectinte D-ILA (propiedade de JVC) e presenta resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles en formato progresivo, ou sexa, unha alta definición completa (non como a meirande parte dos televisores actuais, que só presentan unha compatibilidade cos estándares de alta definición e non a resolución de pantalla correspondente).
O novo retroproxector destaca por contar cun único compoñente de proxección e non estar formado pola combinación de varios (o que era a práctica habitual nas pantallas de grande tamaño).
Polo momento non se coñece cando o novo prototipo de JVC sen converterá nun televisor comercial (como xa pasa con outros dispositivos de grande tamaño, que incluso se fabrican só por encarga en moitos casos).
