Sharp prepara un móbil solar e resistente á auga
martes, 21 de abril do 2009
A operadora
nipona KDDI
anunciou que vai comercializar para o vindeiro verán un terminal de telefonÃa
móbil fabricado por Sharp que busca ser respectuoso co medio ambiente, de xeito que pode
cargarse coa enerxÃa do sol, de xeito que por cada 10 minutos de carga poderá
achegar 1 minuto en conversa ou 2 horas en espera.
O terminal non só pode cargarse mediante enerxÃa solar, senón que tamén é
resistente á auga, polo que serÃa o primeiro dispositivo do mercado con estas
caracterÃsticas, aÃnda que pronto veremos outros terminais semellantes coma o
Blue Earth de Samsung, que tamén conta cun panel solar e chegará ao
mercado europeo na segunda metade do ano.
