Kinect supera os 10 millóns de unidades vendidas

mércores, 9 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Microsoft continúa a facer anuncios positivos sobre Kinect, o accesorio que incorpora a detección de movemento á Xbox 360, e agora celebran que o trebello conseguiu vender ata o momento 10 millóns de unidades globalmente, así como máis de 10 millóns de xogos soltos para Kinect, o que son unhas cifras realmente abraiantes que tamén válenlle un Record Guinness ao converterse Kinect no dispositivo de electrónica de consumo de venda máis rápida, con 133.333 unidades vendidas por día, sumando 8 millóns de sensores nos seus primeiros 60 días á venda.
Dende a compañía de Redmond aproveitan a celebración do seu éxito para lembrar que nos vindeiros meses poderemos ver Avatar Kinect (plataforma que aproveita a detección de movemento para integrar ao noso avatar nunha sala virtual na que poder socializar con outros usuarios de Xbox LIVE) e xogos coma Body and Brain Connection, Michael Jackson The Experience, The Gunstringer, Kung Fu Panda 2, Carnival Games: Monkey See, Monkey Doo e Sesame Street: Once Upon a Monster.