LEGO enriquece os seus xoguetes cunha aplicacÃon de realidade aumentada
venres, 1 de decembro do 2017
Os posuidores dun dispositivo de Apple a partires do iPhone
6s e do iPad de quinta xeración con iOS 11, ou sexa, compatible con ARKit, poden gozar
dunha nova aplicación dispoñible de balde na App Store que permite empregar a
realidade aumentada para facer que varios conxuntos de xoguetes de LEGO cobren
vida a través da pantalla do smartphone ou tablet, LEGO AR-Studio.
A nova aplicación é inicialmente compatible coa comisarÃa de policÃa, o tren e o
parque de bombeiros de LEGO City, o dragón verde de NINJAGO e os novos lotes
Cole’s Mech e Destiny’s Bounty da pelÃcula de LEGO NINJAGO, que poderán
explorarse e controlarse virtualmente, de xeito que poderemos vivir novas aventuras
e gravar vÃdeos nos que podemos ver como as figuras de LEGO aparecen animadas,
con efectos audiovisuais, que van dende o dragón cuspindo lume ata o coche de bombeiros
e o tren circulando cos seus correspondentes sons.
Para animar a xogar, a aplicación tamén agochará ladrillos de ouro virtuais
para que os nenos os atopen e coleccionen. Un curioso xeito de aproveitar a
realidade aumentada para engadir valor a produtos que hai que adquirir no mundo
real.
VÃdeo no que podemos ver a nova aplicación móbil en acción
